Dende o Grupo de Traballo da Biblioteca do IES Fontem Albei de A Fonsagrada (Lugo-Galiza), plantexamos este lipdub como unha actividade para a Formación de Usuarios, aproveitando as potencialidades das TIC, para explicar a C.D.U. (Clasificación Decimal Universal: sistema de clasificación do coñecemento que consiste en dividilo en dez grandes campos que permiten ordear e catalogar as obras nunha biblioteca). Trátase dunha especie de xogo onde o espectador debe ir identificando nas esceas os números e cores alusivos ás diferentes áreas temáticas:
1 Filosofía. Psicoloxía. Ética. (Cor Azul claro)
2 Relixión (Vermello)
3 Ciencias Sociais (Laranxa)
4 Baleiro (Negro)
5 Matemáticas. Ciencias Naturais (Verde)
6 Ciencias Aplicadas. Medicina. Tecnoloxía (Cor azul oscuro)
7 Arte. Música. Deportes. Espectáculos (Cor rosa)
8 Lingüística. Literatura (Cor Amarelo)
9 Xeografía. Biografías. Historia (Cor branco)
Por outra banda esta actividade serviunos para fomentar a implicación de toda a comunidade educativa nun mesmo proxecto así como para crear un ambiente de distensión e participación
4 comentários:
Tan artístico como o noso blog! :)
Perdón por borrar o anterior comentario (tiña un erro). Moitísimos parabéns pola inicitiva, traballo e resultado. Xa o recollín en Biblioafonso e AGABEL. É alucinante
Ola Antonio, fíxonos moita ilusión recibir o teu comentario en Biblifonsa tamén. Moitas grazas polos ánimos! Levounos traballo pero tamén o disfrutamos moito. Hai aspectos mellorables pero seguiremos traballando...grazas por difundilo!!!
Postar um comentário