quinta-feira, 1 de dezembro de 2011

1812 A "Pepa" chega a América

A nova da Constitución de 1812, a terceira da Historia, chegou a todos os currunchos de América Latina, estimulando os movementos anticoloniais de emancipación. Neste clip, a nova chega ata o lider uruguaio José Artigas. 

Artigas. La redota (César Charlone, 2011)



terça-feira, 25 de outubro de 2011

PREMIO OUFF ESCOLA 2011 AO MELLOR GUIÓN



O vídeo sobre Lois Pereiro que presentamos ao III Certame de Cinema OUFF Escola, que ven de celebrarse este 17 de outubro na cidade de Ourense, alzouse co premio ao mellor guión. O dictame do xurado foi o seguinte: Conta cun moi bo guión, orixinal, dinámico e ben documentado, o que demostra que detras dun bo documental precísase un importante traballo de guionización previo. Do mesmo xeito posúe unha coidada realización. 

Unha representación do alumnado e do profesorado viaxamos ata a Cidade das Burgas para recollelo. A mostra deste ano que se enmarcaba dentro da XVI Edición do Festival de Cine Internacional de Ourense pretendía, segundo afirman os organizadores: impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre o seu contorno sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espíritu críticoDámoslle as grazas ao xurado por considerar que a nosa creación era digna de tal galardón.


quarta-feira, 29 de junho de 2011

Património histórico: Castro de Viladonga. flocos.tv


Aquí tedes este paseo polo castro de Viladonga, unha volta á Galiza castrexa e unha suxerencia, agora no verán, para quen aínda non o visitara.

terça-feira, 14 de junho de 2011

LOIS PEREIRO NO FONTEM ALBEI


Especial sobre a figura de Lois Pereiro, autor homenaxeado no día das Letras Galegas 2011. Trátase dun programa documental que tenta recoller aspectos da súa vida e obra nun formato que resulte lúdico e entretido. Así pois, a partir de dous presentadores e varios reporteiros, achegámonos á figura deste autor con entrevistas na rúa, traballos no centro e recitados de poemas entre outras actividades que recolle o programa.


quarta-feira, 8 de junho de 2011

BIBLIOMAN - IES Fontem Albei


O Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia está contribuindo a por en valor estes espazos educativos, fomentando a innovación e a calidade do ensino. No IES Fontem Albei da Fonsagrada (Lugo), empregando a ironía, a retranca, o humor e a provocación, damos a nosa particular versión do noso primeiro ano como centro que forma parte do PLAMBE.











quinta-feira, 14 de abril de 2011

14 Abril 2011.


NO 80 ANIVERSARIO DA PROCLAMACIÓN DA II REPÚBLICA


Aunque el otoño de la Historia cubra vuestras tumbas con el aparente polvo del olvido,
Jamás renunciaremos
ni al más viejo de nuestros sueños.
Miguel Hernández




segunda-feira, 14 de março de 2011

Por fín o noso LIPDUB

Dende o Grupo de Traballo da Biblioteca do IES Fontem Albei de A Fonsagrada (Lugo-Galiza), plantexamos este lipdub como unha actividade para a Formación de Usuarios, aproveitando as potencialidades das TIC, para explicar a C.D.U. (Clasificación Decimal Universal: sistema de clasificación do coñecemento que consiste en dividilo en dez grandes campos que permiten ordear e catalogar as obras nunha biblioteca). Trátase dunha especie de xogo onde o espectador debe ir identificando nas esceas os números e cores alusivos ás diferentes áreas temáticas:

0 Xeneralidades. Dicionarios. Enciclopedias. (Cor Marrón)
1 Filosofía. Psicoloxía. Ética. (Cor Azul claro)
2 Relixión (Vermello)
3 Ciencias Sociais (Laranxa)
4 Baleiro (Negro)
5 Matemáticas. Ciencias Naturais (Verde)
6 Ciencias Aplicadas. Medicina. Tecnoloxía (Cor azul oscuro)
7 Arte. Música. Deportes. Espectáculos (Cor rosa)
8 Lingüística. Literatura (Cor Amarelo)
9 Xeografía. Biografías. Historia (Cor branco)

Por outra banda esta actividade serviunos para fomentar a implicación de toda a comunidade educativa nun mesmo proxecto así como para crear un ambiente de distensión e participación